Novo Cinema Galego para superar a corentena

Óliver Laxe, Jaione Camborda, Xacio Baño ou Sonia Méndez son algúns dos directores presentes no ciclo que propón a web do Novo Cinema Galego

Con motivo da situación excepcional polo de alerta decretada no Estado español por mor da evolución do COVID-19, dende a web do Novo Cinema Galego propoñen un ciclo de filmes para que as persoas teñan máis opcións de entretenerse. Esta acción súmase a outras propostas dende medios de comunicación, entes culturais ou artistas para facer máis amena esta corentena.

En concreto, poderán verse en abertos as longametraxes Todos vós sodes capitáns (Óliver Laxe) Vikingland (Xurxo Chirro), O quinto evanxeo de Gaspar Hauser (Alberto Gracia,) Bs. As. (Alberte Pagán) e N-VI (Pela del Álamo).

No mesmo espazo tamén están dispoñibles as curtas Rapa das bestas (Jaione Camborda), Hyohakusha (Xisela Franco e Ánxela Caramés), Leo e Mario (Déixanse) de Sonia Méndez, Montaña en Sombra (Lois Patiño), Listen to me (Carla Andrade), Ser e voltar (Xacio Baño).

Pódeche interesar...
‘Hollywood’: Coma esas películas clásicas que envelleceron mal