Novo tráiler de “Sonic, a película” con cambios no deseño do personaxe

Anunciado un cambio de deseño o 24 de maio por Jeff Fowler, director da filme, hoxe por fin ve a luz o novo Sonic

O pasado 4 de maio deste ano, un tráiler da xa daquelas moi promocionada película sobre a personaxe de Sega, Sonic, saíu á luz. O resultado, como mínimo, non foi o esperado: miles de críticas saíron á luz en relación ao deseño do personaxe, quen para moitos era, simplemente, horrible.

Ante as críticas, Jeff Fowler, director do filme, anunciou o 24 de maio que as opinión dos fans serían escoitadas e o deseño sería cambiado. Así, chegamos ao día de hoxe, onde se estrea un novo tráiler onde o deseño está totalmente cambiado e parecéndose máis á personaxe clásica dos xogos.

Pódeche interesar...
The Irishman, o novo de Martin Scorsese, estréase en 10 cines galegos