Compostela ábrelle ás portas ás artes escénicas en San Pedro

As artes escénicas tomarán a rúa de San Pedro en Compostela o vindeiro sábado, 15 de febreiro, coa celebración do Festival San Pedro Sen Paredes, un roteiro artístico interactivo que reunirá ata 7 espectáculos de curta duración usando espazos privados da propia rúa, tanto fogares veciñais como algúns negocios.

Dentro do festival reúnense varios tipos de arte, coma microteatro, maxia, circo e poesía, que se misturan cos espazos da rúa para levar a cabo esta orixinal proposta. O recorrido do festival contará coas funcións de Diáspora Medrante, Sal do Teatro, Cavort Teatro, Medievándalos, Oístes?, Magia en la Manga e Pablo Rodríguez.

Realizaranse ata 4 pases na tarde do sábado, ás 16:30, 17:15, 18:00 e 18:45. O custo das entradas é de 6 euros, as cales pódense adquirir na libraría Os Mundos de Carlota (no seu horario comercial) ou reservando no correo electrónico spsenparedes@gmail.com.

Pódeche interesar...
O Fa Ce La Fest trasládase a finais de agosto