O Carballo Interplay, aprazado polo coronavirus

O festival de contidos dixitais Carballo Interplay ven de anunciar que aprazará a celebración da súa VII edición, prevista para a primeira semana de abril, como medida de prevención de contaxios por motivo do coronavirus. Polo de agora non se coñece a data na que terá finalmente lugar este festival pero dende a organización agardan poder comunicala pronto.

Este é o comunicado completo publicado polo festival nas súas redes sociais:

Pódeche interesar...
‘Longa Noite’, dispoñible para alugar en liña