O Cineclube Pontevedra dedicará os martes de novembro a Akira Kurosawa

Compartirá a cartelera con Jafar Panahi.

O Cineclube Pontevedra acaba de anunciar a súa carteleira deste mes de novembro. Poderase acudir ao Teatro Principal ás 20:30 dos martes 5, 12 e 26 a ver, respectivamente, Vivir (1952), Trono de sangue (1957) e O inferno do odio (1963) de Akira Kurosawa, as tres en versión orixinal.

Acompañando a Kurosawa, os luns 11 e 25 do mesmo mes proxectaranse na mesma localización as filmes Taxi Teherán (2015) e Tres caras (2018), do director iraní experto en road movies Jafar Panahi.

Pódeche interesar...
Paredes de Coura 2019, día IV: Reivindicacións dentro e fóra da música