O cinema galego pon Lugo no mapa

Eroski Paraiso, Longa noite, O que arde, Dhogs, Trote e outros tantos filmes importantes en Galicia gardan relación coa provincia.

Hoxe estréase nas salas de cinema Eroski Paraíso, a adaptación da obra da compañía Chévere dirixida por Xesús Ron e Jorge Coira. Este último durante este ano xa foi laureado pola súa serie Ferro. Ademais, ten unha peculiaridade intrínseca ao seu nacemento que non pode dicir moita: É de Lugo. Unha terra que non será a mellor comunicada, pero que parece que está máis que sobrada de talento

Quen tamén é de Lugo, de Meira concretamente, é Eloy Enciso. Recentemente presentou Longa noite, un filme sobre a Guerra Civil española cun enfoque diferente a calquera que se fixera con anterioridade. Quen tamén naceu no mesmo concello é Andrés Goteira, director de Dhogs, un filme que abriu as portas ao cinema fantástico en galego, practicamente sen lugar con anterioridade.

Fotograma de Dhogs.

Unha das grandes características da provincia son os seus incomparables paisaxes, dende a dureza da costa da Mariña ata o salvaxe dos Ancares. Precisamente aquí está ambientada Trinta Lumes, un dos mellores filmes galegos do ano que da unha visión moi particular do rural galego.

Pero se hai que elixir un filme galego este ano, non nos podemos esquecer dunha obra que é historia do medio no país. O Que arde, o que xa é a película en galego máis vista de toda a historia e o primeiro premiado no prestixioso festival de Cannes. Esta longametraxe dirixida por Óliver Laxe fai do tempo e da paisaxe das montañas lucense o seu particular fogar.

Fotograma de O Que arde.

Nos derradeiros premios Mestre Mateo triunfou por enriba dos outros competidores A sombra da lei, na que sae o actor lucense máis internacional, Luís Tosar, que ano tras ano trae incribles interpretacións. Este 2019 protagoniza filmes tan destacados como Quen a ferro mata ou a recentemente estreada Intemperie, dirixida por Benicio del Toro.

Nesa noite dedicada ao audiovisual galego a outra grande triunfadora foi Trote, de Xacio Baño, que leva Xove polo mundo adiante, lugar onde naceu. Igual que Lázaro Louzao, director de Nove de Novembro, o primeiro filme LGTB en galego.

Fotograma de Trote.

Despois deo exposto, é innegable que Lugo, moitas veces esquecida para demasiada xente, é o lugar onde nos últimos tempos, o cinema galego está a desenvolverse con máis forza. Como di o dito popular galego, Lugo está de bon ano. E agardemos que siga engordando nos vindeiros tempos.

Déixanos contarcho!
Mantente ao día das nosas novidades uníndote agora á nosa lista de suscriptores.