O pasado 23 de abril, atopabámonos todos pechados a pedra e lodo nas nosas casas. Era o Día do Libro, mais todas as librarías de Galicia levaban máis dun mes coas reixas fechadas. Tampouco houbo actos, nin presentacións, nin feiras. A crise da COVID-19 impactou con agresividade en todo o tecido económico galego, e o sector do libro está a vivilo con especial doenza. Por iso, aproveitando as vacacións, únese para recuperar a conmemoración o vindeiro xoves, 23 de xullo.
Durante a xornada, o público lector terá a oportunidade de gozar de múltiples actividades organizadas nas librarías e beneficiarse de ata un 10% de desconto pola compra de libros. A iniciativa, auspiciada en todo o Estado, conta no país co apoio da Asociación galega de editoras (AGE), da federación de librarías e da Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG).