O Esmorga Fest presenta cartaz completo e o FaCeLa incorpora novos nomes

A Vª edición do Esmorga Fest de Sarria vén de anunciar o seu cartaz completo para os vindeiros 15 e 16 de marzo, cos concertos por día asignados dende o primeiro momento. Unha das bandas revelación do panorama estatal Carolina Durante, exerce de cabeza de cartel xunto ás consolidadas Lagartija Nick e Toundra. Os grupos vigueses Voltaica e Seda e as propostas electrónicas do tamén vigués Pálida e PV3000, máis as sesións a cargo de Gutigattuso & Solofolar Djs representarán a escena galega. O programa complétano Perro; Za!; Apartamentos Acapulco; Sierra; Ànteros; Tuya; El Lado Oscuro de la Broca; Dûrga; Bestia Bebé; Juanita Dinamita; Amor Germanio; Ladrillo y Mujer e Don Gonzalo. O sábado 23 de febreiro terá lugar o guateque de presentación no Mercado Street Food de Lugo a cargo das agrupacións galegas Berta Franklin e Thee Blind Crows.
O outro festival lucense Fa Ce La Fest, leva confirmados seis dos nomes que compoñen o menú da súa IVª edición, que se celebrará en Lugo os días 17 e 18 de maio. As últimas incorporacións á lista responden aos nomes dos lucenses Fábrica de Espejos e do dúo francés Michel Cloup Duo, a que parece ser a aposta internacional desta edición. Previamente destaparan catro artistas do cartel no que atopamos as madrileñas Cariño, o trío feminino que está a causar unha revolta pop; un dos cabezas de cartaz Cooper, principal expoñente do movemento mod no Estado; e o pop electrónico dos galegos Rayotaser e Presumido.
Pódeche interesar...
Nace Youcanthide, a contundencia viguesa feita grupo