O Festival de Cans adíase polo coronavirus

Entre os motivos, as condicións sanitarias inadecuadas e os problemas para coordinar a invitados internacionais

A organización do Festival de Cans decidiu aprazar a celebración da XVII edición do Festival de Cans, prevista inicialmente para finais de maio, e trasladala para a primeira semana de setembro (en concreto entre o 2 e o 5 deses mes) por mor da evolución da COVID-19.

Ademais de non darse as condicións sanitarias axeitadas, o certame precisa varias semanas de antelación para pechar os contidos, e as viaxes de diversos invitados internacionais. Polo que segundo a organización “as restricións de mobilidade entre países e o peche de espazos aéreos debido á crise do coronavirus, xeraban nestes momentos unha enorme incerteza”.

Pódeche interesar...
Wes Anderson quenta motores co primeiro tráiler de ‘The French Dispatch’