O FIV desvela as datas da súa edición de 2020

O 24 e 25 de abril de 2020 terá lugar unha edición máis deste festival de música indie

A 13ª edición  FIV celebrarase un ano máis en Vilalba durante o 24 e 25 de abril de 2020 no que promete ser outro ano máis nunha cita ineludible para os amantes da música indie española. Moi pronto daranse a coñecer as primeiras confirmacións do festival, que o pasado ano colgou o sold out por cuarto ano consecutivo reunindo a máis de 8.000 persoas.

O festival contará un ano mais cun completo programa de actividades, que incluirá charlas, unha exposición, a súa xa clásica sesión vermú no Auditorio Carmen Estévez e sesións de cine con filmes de temática musical,

A edición pasada do festival trouxo bandas tan recoñecibles como os galegos Marem Ladson e Iván Ferreiro, La M.O.D.A, Miss Cafeína, Los Planetas ou Sidonie. Entre outros eventos, destacaron a proxeccións dos filmes 20.000 días na Terra -sobre o música Nick Cave- e Oasis: Supersonic.

Pódeche interesar...
Da Galia a Gilead: dez títulos para gozar da literatura traducida ao galego