O Galician Freaky Film Festival xa quenta motores

Este ano aumentará a súa duración ata as catro xornadas

O prazo de presentación de traballos audiovisuais para a terceira edición do Galician Freaky Filme Festival foi iniciado este xoves e permanecerá aberto ata o 27 de xuño. O evento, que se centra no cinema de serie B, celebrarase entre o 28 e o 31 de outubro na Sala Videodrome de Vigo.

Nese contexto, proxectaranse pezas audiovisuais de produción tanto nacional como estranxeira relacionadas co terror, a fantasía e a ciencia ficción. Ademais, o lugar acollerá exposicións, espectáculos e concertos.

Juan de Castro (antiguo director do Primavera de Cine) dirixe este festival que incrementará a súa duración ata as catro xornadas, debido á afluencia rexistrada na pasada edición, cando se acumularon máis de 1.000 asistentes e 200 filmes participantes.

Pódeche interesar...
‘En busca dun legado’ é a nova aventura gráfica dos coruñeses Akkad Estudios