O goberno e Netflix alíanse como resposta ao ‘apagon cultural’

Netlix contribuirá a lanzar una liña de axuda para os profesionais do audiovisual afectados pola COVID-19

Netflix, ​Acción Cultural Española (AC/E), ​a ​Academia de Cine e o ​Instituto da Cinematografía e as Artes Audiovisuais (ICAA) dependente do Ministerio de Cultura e Deporte, asinarán un convenio para impulsar unha liña asistencial para os profesionais do audiovisual máis impactados pola crise da COVID-19 no Estado español.

As axudas estarán dirixidas aos traballadores do apartado artístico e técnico que estean atravesando unha situación económica precaria e non podan traballar debido ao cese da produción audiovisual. Netflix contribuirá a lanzar esta liña de axuda dotándoa dun millón de euros. Este anuncio faise menos dunha semana despois de que os traballadores da cultura se mobilizaran no chamado “apagón cultural” pedindo accións ao goberno en axuda ao sector.

“Dende o Ministerio de Cultura e Deporte celebramos que en tan pouco tempo se poidera articular unha colaboración entre organizacións públicas e privadas co fin de buscar solucións ao sector do audiovisual tal e como require esta situación” indicou o ministro José Manuel Rodríguez Uribes.

Pola súa banda o presidente da Academia de Cine, Mariano Barroso, anima a que “se articulen outras iniciativas privadas e públicas para a reactivación das industrias culturais”. Por parte de Netflix esta inversión forma parte dunha iniciativa global que destina 100 millóns de dólares para esta causa.

Hai dous anos aprobouse a Directiva Europea 2018/1808 que actualiza as normas á evolución do mercado da comunicación audiovisual. Entre outras cousas impón que as plataformas de video on demand deben tributar no país que emitan con independencia se está asentado fisicamente no territorio por mor da dinámicas de consumo global que se seguen. O Estado español aínda non a incorporou ao seu marco xurídico e ten ata setembro deste ano para facelo efectivo. No ano 2018 Netflix tributou en España apenas 3.149 euros.

Pódeche interesar...
Underclock publica ‘Doggg666’, unha reflexión sobre o concepto do can