O Melona Fest confirma a novos artistas cun sabor andaluz

O festival non esquece ao talento galego coa incorporación de Elba e Las Cruzes

O MelonaFest segue tomando forma con cinco novas confirmacións: Awwz, Califato 3/4, As Cruzes, Elba e Vera Fauna. Estes cinco novos nomes súmanse ao cartel do festival, que transcorrerá entre o 1 e o 5 de abril en Santiago de Compostela.

O conxunto andaluz Califato 3/4 é unha das principais novidades desta quinta edición. Achegarán ao festival unha proposta chea de matices folclóricos na que unen a tradición popular da súa contorna cunha mirada ao futuro. Partindo do traballo de colectivos afines a este reencontro coa cultura tradicional como Breaking Bass, LIE Radio ou
Industrias 94, os sevillanos manifestan a súa decisión de levar todo iso que os define
que lles define ao campo da electrónica.

Ademais, tamén visitarán Santiago de Compostela a produtora e DJ catalá Awwz e os hispalenses Vera Fauna. Baixo o nome de Awwz escóndese unha das produtoras
máis recoñecidas a nivel estata
l (con traballos en selos como Galaxy
Sandwich, Finesse Records ou National Records) quen, ademais, despuntou como dj en escenarios de festivais como o Sónar.

A terceira destas confirmacións é Vera Fauna que aterra co seu primeiro disco Dudas y Flores, coa intención de concretar unha proposta en inicio vaporosa, pero que soubo manexar con eficacia a linguaxe do hit e do pop. Ao cuarteto gústalle definirse como unha amalgama de texturas que fusionan a solemnidade coa ansiedade xeracional millenial

APOSTA POLO TALENTO GALEGO

A Melona volve facer gala do seu empeño por reivindicar tamén o talento galego a través da incorporación de artistas como Elb e Las Cruzes. Elba é un proxecto persoal inspirado por figuras como Kate Bush ou Madonna e bandas como Joy Division ou Echo & Bunnymen. Unha aposta vangardista que mestura synth pop, darw wave e dream pop.

Pola súa banda, Las Cruzes sacan proveito á experiencia dos seus máis de dez anos de traxectoria en proxectos como Orquesta Pánico ou Uppercut para sacar adiante unha proposta cun son particular caracterizado pola cultura do sampling, o jazz e a electrónica.

Pódeche interesar...
Xosé Lois Romero e Aliboria voltan á esencia da tradición con ‘Latexo’