O Melona Fest pecha o cartel da súa quinta edición

Destaca o referente da música urbana estatal Soto Asa sen esquecerse das propostas vangardísticas galegas

O Melona Fest pecha o cartel da súa quinta edición que se celebrará entre o 1 e o 5 de abril en Santiago de Compostela. Para iso, sorprende incorporando a un dos grandes nomes da música urbana estatal, Soto Asa sen esquecer os proxectos galegos vangardísticos.

Soto Asa é unha das figuras incipientes da escena actual de música urbana, que se mantén nos arredores do urbano malia haberse convertido nun fenómeno de masas. Detrás deste nome que, maniféstase un artista que pode presumir de ser respectado por gran parte do panorama nacional.

O ceutí soubo facerse un oco na escena, especialmente desde que publicou a súa mixtape DownMusic, con temas destacados como Me Gustaron Tus Nai. Con Soto Asa pódese conxugar rebolar e desfrutar da vangarda musical.


La Cruz é a súa nova mixtape, na que eleva o reggaeton ao seu máximo expoñente, sen deixar de coquetear co trap. Baixo o amparo da Vendición Records, Soto rodéase dun estimable elenco de colaboracións que inclúen a Yung Beef, La Zowi ou ao produtor Dj Florentino (Bad Gyal).

MÁIS PROPOSTAS

DJ Hater é un productor e enxeñeiro madrileño vinculado ao imaxinario sonoro de artistas como Drexciya, Shlohmo ou Icytwat, un activista diletante dos sons urbanos cunha proposta fortemente marcada pola cultura de Internet, influencia que manifesta nas producións que fixo para Megansito EL Guapo e baixo o grupo de Code Noir.

Pola súa banda Laura LaMontagne & PicoAmperio abordan diversos campos musicais que oscilan entre a tradición das cantigas de amigo, ritmos electrónicos e ambientes íntimos provocados pola evolución de superficies de loops musicais. Poesía propia y adaptacións de Rosalía de Castro, Lorca, Pessoa o Martin Codax compoñen un repertorio impregnado por la rabia dunha viaxe turbulenta como es la propia vida.

Músculo! nace coa intención de mesturar instrumentos analóxicos con elementos electrónicos buscando novas texturas e estilos. A súa música foi escorándose cara a electrónica bailable sen deixar de lado la experimentación. Xa pisou moitos dos festivais más prestixiosos do Estado español e Portugal como o BBK Live, o BIME, Monkey Week, Low Festival ou Atlantic Fest,

O cartel desta quinta edición do festival péchao Horus. É o proxecto principal do músico e produtor compostelán Pablo González, no cal mestura hip hop con ritmos de jazz, R&B e lofi e outros estilos da música electrónica.

Déixanos contarcho!
Mantente ao día das nosas novidades uníndote agora á nosa lista de suscriptores.