O Melona Fest trasládase a outono

Debido á situación de alerta sanitaria, a Melona decide aplazar o festival á fin de semana de Samaín

A quinta edición do Melona Fest ía ter lugar entre os vindeiros 1 e 5 de abril en Compostela, coma todos os anos. Porén a actual situación de alerta sanitaria xa auguraba que o festival ía ter que cancelarse, pero a organización non manifestou nada ao respecto ata esta mañá. Agora sabemos por que: estaban pechando todos os cabos para anunciar que o Melona segue en pé.

Así, adíase a outono e celebrarase a fin de semana de Samaín, entre o 28 de novembro e o 1 de outubro. A organización afirmou que o festival volverá cun 80% do cartel que estaba planeado para abril, e que seguen a traballar para que se confirme ao 100% do cartel inicial.

Por outra banda, o portal de venda das entradas, Wegow, poñerase en contacto con todos aqueles que xa mercaran os seus tickets. Quen queira devolver o seu abono, poderá facelo desde hoxe ata o próximo xoves 2 de abril, ambos inclusive, escribindo a info@wegow.com ou entradas@wegow.com. Estes poñeranse de novo á venda para o evento en outono a un prezo único de 30 euros (abono) e 20 euros (entrada de día).

Pódeche interesar...
We Are One, os principais festivais de cine do mundo únense en Youtube