O metal volve a Viveiro dous anos despois

Despois de dous anos de espera en Viveiro volverá soar o metal. Se ben o Resurrection Fest tal e como o coñecemos non se celebrará ata o 2022, si o fará nun formato máis comedido. O Resurrection Fest Limited será dun “aforo moi reducido”. Así poderán verse ás bandas Kreator, While She Sleeps, Eluveitie, Jinjer, Destruction, The Ocean, Angelus Apatrida, Crisix, No Turning Back, Landmvrks, Bala, Devil in Me, Aphonnic, True Mountains e Bellako.

O evento celebrarase do 26 ao 28 de agosto no Campo de fútbol de Celeiros e con todas as medidas de seguridade e prevención actuais contra a covid-19 axustándose á legalidade vixente. O público deberá estar sentado, con distancia de seguridade e levando a máscara todo o tempo.

Os abonos de 3 días poderán comprarse a partir do venres 6 de agosto. Ademais, para quen non poida asistir, tamén se realizará un Resurrection Fest Online do que a organización dará os detalles proximamente.

Déixanos contarcho!
Mantente ao día das nosas novidades uníndote agora á nosa lista de suscriptores.