‘O ministerio do tempo’ chega a HBO España

Na futura cuarta tempada os capítulos estrearanse un día despois da súa emisión en TVE.

Os episodios da cuarta tempada do Ministerio do tempo estarán dispoñibles en HBO España un día despois da súa emisión en TVE. Esta nova entrega viaxará á convulsa corte da Inglaterra do século XVI, á España da posguerra, á movida madrileña ou ao Século de Oro de Velázquez. Ademais, a partir do 1 de abril as tres primeiras tempadas desta serie de ficción creada por Pablo e Javier Olivares estarán dispoñibles ao completo na plataforma de streaming.

Esta cuarta tempada ten unha continuidade nos personaxes clásicos desta serie. Estará a xa mítica patrulla composta por Julián (Rodolfo Sancho), Amela (Aura Garrido), Pacino (Hugo Silva), Alonso (Nacho Fresneda) e Lola (Macarena García) acompañados de moitos outros personaxes que tamén repiten. Aínda non hai data confirmada para a estrea desta nova entrega.

Pódeche interesar...
‘Aves de presa’: Harley Quinn vs. os incels