O MOCA busca as túas bobinas de Super8

O Museo de Cine Online Autobiográfico MOCA, un proxecto de Cafés Candelas, lanza unha campaña na procura de arquivo doméstico en formato Súper 8 para que forme parte da súa coleccións. Os donos das cintas seleccionadas poderán desfrutar da dixitalización gratuíta do material.

Son moitas as cintas domésticas que viven esquecidas no rocho e que recolle lembranzas familiares e incluso momentos históricos. Dende MOCA pretenden recuperalas e preservar o patrimonio cultural que representa o cine doméstico.

Os soportes que buscan para dixitalizar son Súper8, Estandar 8, VHS (NTSC, PAL SECAM, PAL-N, PAL-M), Video 8 – HI8, MiniDV e Beta. Os propietarios das coleccións poderán participar na convocatoria ata o 15 de setembros cubrindo un formulario aloxado na web de MOCA explicando as características do material.

De entre tódalas candidatas, seleccionarase unha para a súa dixitalización, clasificación e difusión. O propietario da colección seleccionada recibirá unha copia das súas películas en resolución 4K para soportes fílmicos e en resolución nativa para os soportes magnéticos. A cambio, este cederá unha copia das súas películas para seren incorporadas ao arquivo do MOCA.

Déixanos contarcho!
Mantente ao día das nosas novidades uníndote agora á nosa lista de suscriptores.