O PortAmérica anuncia gran parte do cartel da edición de 2021

Co adiamento debido ao COVID-19, o festival celebrará o seu décimo aniversario repetindo gran parte do cartel de 2020

A crise do COVID-19 provocou a cancelación ou adiamento dos festivais de verán, e con eles, levouse o PortAmérica 2020 por diante. Mais a organización non se demorou en preparar a edición para o ano que vén que, ademais, celebrará o seu décimo aniversario. O festival terá lugar os días 1, 2 e 3 de xullo de 2021; unha vez máis, en Caldas de Reis -como leva facendo desde 2017-.

Hoxe desvelouse gran parte do cartel, que repite a práctica totalidade das bandas e artistas que non poderán tocar na Carballeira este verán, así como os cociñeiros do Show Rocking. Aínda con nomes por confirmar, a única ausencia con respecto ao line-up de 2020 é a de WOS, un dos cabezas e artistas máis esperados.

Déixanos contarcho!
Mantente ao día das nosas novidades uníndote agora á nosa lista de suscriptores.