O primeiro pase de ‘Eroski Paraíso’ fóra de Galicia será en Londres

Será o vindeiro tres de abril e contará coa presencia de Patricia de Lorenzo

O primeiro pase de Eroski Paraíso fóra de Galicia será en Londres. O vindeiro 3 de abril os cidadáns londinenses teñen unha cita co cinema galego dentro dunha actividade organizada por Galicia Film Forum. Patricia de Lorenzo, gañadora do Mestre Mateo pola súa interpretación no filme, participará nun coloquio cos asistentes.

O produtor do filme, Gaspar Broullón, indica que foi unha proposta que lles chegou dende o Galicia Film Forum “que acostuma a proxectar cinema galego no Reino Unido”. Respecto á vida da película admite que plantexaron a distribución como un proxecto pequeno mais detectaron “un interese real” pola obra.

Por iso, Broullón explica que “xa están en conversacións” con distribuidoras para organizar pases en salas noutros lugares do Estado, con plataformas de video on demand e para que Eroski Paraiso sexa editada en DVD. Polo momento evita dar nomes ou aventurar datas.

Pódeche interesar...
Wes Anderson quenta motores co primeiro tráiler de ‘The French Dispatch’