O proxecto editorial autoxestionado Saurobuks anuncia un novo libro

Será Breviário de Heterónimos do Ourensan Carlos Rafael

O proxecto editorial autoxestionado Saurobuks anuncia a que será o seu novo libro: Breviário de heteronimos de Carlos Rafael, unha colección de aforismos, haikus, e cancións do autor ourensán. A obra conta coas fotografías de Antón Buciños, que percorre múltiples lugares coa súa bicicleta fotografando todo o que sae ao seu paso.

Rafael firma unha compilación a través de heterónimos dunha morea de estilos literarios diferentes logrando ser sutil á vez contundente. A obra vai na liña dos valores que defende Saurobuks, xa que busca revalorizar o singular, o local o pequeno mentres tenta apropiarse doutros mundos ao grande.

A editorial comezou a súa andaina en 2014 coa edición do libro de poemas e colaxes Lúa Plenur de Alfonso Rodríguez; a súa última publicación ata agora foi Confesiones de un majara cuerdo de Leltxu Marcos, de novo acompañado por colaxes e ilustracións.

Pódeche interesar...
FKA twigs estrea ‘sad day’, novo adianto de MAGDALENE