‘O que arde’ consegue o seu segundo Goya

Benedicta Sánchez, protagonista de ‘O que arde‘, gaña o premio Goya á actriz revelación. O filme de Óliver Laxe que xa é historia do cinema galego volve ser noticia ao convertirse na primeira película en galego en colleitar un Premio Goya.

A premiada, nunha intervención chea de carisma que arrancou os aplausos do público, dedicoulle o premio ao seus fillos e netos e a Óliver Laxe. Incluso se animou a dicir unhas palabras en galego na que se refiriu a súa terra como “meiga”.

Pola súa banda, Mauro Herce colleitou o premio á mellor dirección de fotografía tras o acadado a semana pasada nos premios Gaudí. A noite dirá o filme consegue algunha das súas outras nomeacións.

Pódeche interesar...
Nace o Cuarentena Fest, un festival en streaming para vencer o illamento