“O que arde” fai historia, xa é o filme en galego máis visto

Supera a "Sempre Xonxa", a histórica longametraxe de Chano Piñeiro

O que arde converteuse esta semana na película falada en galego máis vista nas salas de cinema comerciais en toda a historia. O filme dirixido por Óliver Laxe supera así ao histórico Sempre Xonxa de Chano Piñeiro posuía o rexistro máis alto ata o de agora (62.203 espectadores segundo fontes oficiais)

Ademais, O que arde supera xa os 62.500 espectadores, o que implica que se coloca entre os 25 filmes máis vistos no que vai de ano no Estado español. Para esta obra parece que todo son éxitos xa que esta mesma semana colleitou catro premios no Festival Internacional de Cine de Mar Del Plata, entre os que destacan os galardóns a Mellor Película e Mellor Guión.

Nese mesmo festival a tamén galega Longa Noite de Eloy Enciso levouse unha mención especial do xurado. Este filme poderá verse este sábado nunha preestrea no marco do Cineuropa en Santiago de Compostela e o 5 de decembro estrearase en cines.

Pódeche interesar...
Ilegales presentarán “Rebelión” este sábado na Sala Capitol