‘O que arde’, mellor película europea nos premios Gaudí

Despois de estrearse no Festival de Cannes e lograr o premio do Xurado na sección Un Certain Regard, a nova película do director galego Óliver Laxe, O que arde, logrou converterse no filme galego máis visto nas salas de cine na historia. Agora os recoñecementos continúan a chegar para a equipa desta película, tras facerse coa estatuíña ao mellor filme europeo nos premios Gaudí, os galardóns do audiovisual catalán.

Óliver Laxe recolleu o premio xunto ao produtor Xavi Font, falando en catalán e en galego e adicando a estatuíña a todos os galegos e galegas que viven en Cataluña. Na mesma gala Mauro Herce tamén foi recoñecido pola súa fotografía en O que arde.

Pódeche interesar...
‘O que arde’ triunfa nos Mestre Mateo