O Que Arde, nomeada aos Goya en catro categorías

A propia filme, Oliver Laxe, Benedicta Sánchez e Mauro Herce optarán a levarse a casa o galardón

A película galega do ano, O que arde, competirá ao Goya en catro categorías. A Academia do Cine estatal anunciou que o filme estará nomeada ao premio de mellor película, así coma o seu director, Oliver Laxe, estará nomeado ao premio de mellor director. Tamén optarán ao galardón Benedicta Sánchez, a cal aspira ao premio de mellor actriz revelación, e Mauro Herce, quen se atopa nomeado ao premio de mellor dirección de fotografía.

Non son, con todo, a única representación do cine galego este ano nos premios do cine estatal. Luís Tosar está nomeado de novo, esta vez polo seu traballo en Intemperie, e o actor Santi Prego optará ao premio de mellor actor por Mentres dure a guerra. A produción galega Quen a ferro mata aspirará ao premio do Mellor son.

A favorita desta edición dos premios Goya é Mentres dure a guerra, de Alejandro Amenábar, que optará a un total de 17 premios, entre eles o xa nomeado de Santi Prego.

Pódeche interesar...
Cineuropa 33 | Madurar implica que sexa Tarde para Morrer Novo