‘O que arde’ parte como favorita aos Mestre Mateo con doce nomeacións

A serie 'Hierro' lidera as nomeacións aspirando a conseguir ata 16 estatuíñas

A XVIII edición dos Premios Mestre Mateo que se celebrará o vindeiro 7 de marzo contará con O que arde, de Óliver Laxe, como principal longametraxe favorita ao acadar 12 nomeacións. Porén, O que arde non foi a produción que conseguiu máis nomeacións, ao situarse por detrás da serie de televisión Hierro, dos irmáns Coira que aspirará a conseguir 16 premios, e Quen a ferro mata, que loitará por 15 estatuíñas.

Ademáis de por Hierro nomeada a mellor serie de televisión, Jorge Coira estará por partida dobre grazas as 7 nomeacións de Eroski Paraíso, nomeada a mellor longametraxe xunto con Longa noite, Quen a ferro mata e O que arde. Nos premios da actuación, tanto Benedicta Sánchez como Amador Arias aspirarán a facerse cos galardóns polo seu traballo en O que arde aínda que competirán contra nomes como os de Candela Peña, Luis Tosar ou Miguel de Lira.

Estas nomeacións amosan unha vez máis a grande presenza que tivo Lugo no audiovisual galego ao longo do último ano, servindo como escenario perfecto para as catro longametraxes que aspirarán a levar a estatuíña a mellor película galega do ano.

Déixanos contarcho!
Mantente ao día das nosas novidades uníndote agora á nosa lista de suscriptores.