O Resurrection Fest anuncia unha programación alternativa en liña

Celebrarase o 3 e 4 de xullo e terá fins benéficos

O Resurrection Fest anuncia unha edición en liña para que non quede sen celebrar o seu 15 aniversario. Este anuncio ven só uns días despois da confirmación do seu adiamento ata 2021, ao igual que outros grandes festivais galegos como o Portamérica ou O Son do Camiño, por mor da crise sanitaria do coronavirus.

Esta fórmula, categorizada como “de resistencia”, celebrarase os días 3 e 4 de xullo coincidindo coas datas orixinais do festival. Será un programa virtual con fins benéficos onde se emitirán concertos inéditos, entrevistas, actuacións en directo e reportaxes sobre o festival. O obxectivo será levar a casa na medida do posible a experiencia Resurrection Fest. A actividade virá definíndose respecto a contidos nos próximos tempos.

Pódeche interesar...
O Pikachu fofiño debuta nas incursións de Pokémon Espada e Escudo