‘O sabor das margaridas’ continúa a rodaxe da súa segunda tempada

Pouco se sabe agora mesmo da nova entrega, salvo a fichaxe do actor Santi Prego

O sabor das margaridas foi unha das relevacións da plataforma de streaming Netflix deste 2019 que está a rematar. O thriller, rodado en galego, formou parte do top 10 de obras en fala non inglesa tanto en Reino Undo como en Irlanda. Se ben son países cunha gran tradición no xénero, non deixa de ser unha gran nova para o audiovisual galego este feito.

Nestes momentos, atópanse en medio do rodaxe da segunda tempada da serie. Desta encárgase a productora CTV. En declaracións para a revista Hola, Ghaleb Jaber Martínez, director de proxectos da mesma explica o gran reto que teñen enriba agora mesmo: “Debemos crear unha serie en galego para un público internacional para repetir o que logrou a primeira, convertirse na serie en galego máis vista de todas a historia“.

De momento, non se sabe moito desta nova entrega, pero si que contará cunha fichaxe de excepción, Santi Prego. Este actor está nomeado nos premios Goya pola interpretación do dictador Francisco Francos en Mentres dure a guerra.

Pódeche interesar...
Ilegales presentarán “Rebelión” este sábado na Sala Capitol