O selo Lindisfarne estréase con ‘Sa Madona’, de Clara Fiol, crnds e Cibrán Seixo

Que apareza un novo selo discográfico galego sempre é unha boa nova. Se, ademais, ese selo é como Lindisfarne o mínimo que podemos facer é celebralo coma se fose o noso propio cumpre anos.  Dende Santiago de Compostela, e movéndose entre a música tradicional e a electrónica, polo novo selo aparecerán artistas como Sandra Monfort, Prímula, e os tres que aparecen neste primeiro sinxelo: Clara Fiol, crnds e Cibrán Seixo.

Clara Fiol chega a Lindisfarne dende Mallorca, e trátase dunha cantante e compositora que tamén é membro do grupo vocal Marala.

Crnds é un guitarrista e produtor coruñés formado na ESMUC e no SAE de Barcelona, e principal creador de Lindisfarne. Entre as súas colaboracións como produtor, traballou con, ademais dos xa aquí mencionados, con xente como Fran Barcia, Chior ou Sandra Monfort, e espérase que pronto achegue música ao selo de Lindisfarne. Actualmente, ademáis, anda a colaborar con Chior na banda sonora da próxima longametraxe do cineasta Andrés Sanjurjo.

Dende Cuntis, Cibrán Seixo é un violinista e produtor formado na ESMUC e no centro de altos estudos de Santiago. Se ben pronto o veremos traballando como produtor de maneira habitual en Lindisfarne, como violinista colaborou xa con artistas como Carlos Núñex, Uxía Senlle, Davide Salvado, Fransy González, Budiño, Narf, Pedro Pascual, Mercedes Peón ou Tanxugueiras.

Baixo Lindisfarne, pronto veremos máis música de crnds e Cibrán Seixo, quen, xunto a Fran Barcia, traballarán para o selo baixo o nome de Prímula.

Álvaro Chior é o deseñador do logo do selo, así como tamén da portada de Sa Madona, tema que da inicio á andadura de Lindisfarne, onde o traballo dos produtores e a voz de Clara Fiol conseguen un tema precioso e que non podemos deixar de escoitar.

Pódeche interesar...
The Outer Worlds: Si hai Planeta B, pero é igual de deprimente