O Son do Camiño anuncia datas para a súa próxima edición

Celebrarase os próximos 18, 19 e 20 de xuño de 2020

O Son do Camiño celebrará a súa terceira edición os próximos 18, 19 e 20 de xuño de 2020 en Santiago de Compostela, segundo publicaron os seus organizadores nas redes sociais este xoves.

Así, o evento musical chegará ao seu terceiro ano de celebración no Monte do Gozo (Santiago de Compostela) despois de dúas edicións que trouxeron a Galicia a artistas do calibre de The Killers, Rosalía ou Lenny Kravitz

‘O Son do Camiño’ creceu ano tras ano desde que naceu en 2018 e sitúase como un dos máis esperados dos festivais galegos de música internacional. Polo de agora aínda non se coñecen os nomes que conformarán o cartel de 2020. O deste ano, con 38 artistas invitados, atraeu a 33.000 persoas á cita musical.

Pódeche interesar...
Godspeed You! Black Emperor a 24 fotogramas por segundo