Cristina Calvete

O Son do Camiño demora a súa terceira edición até 2021

Como a inmensa maioría de festivais nacionais, estatais e internacionais, o Son do Camiño vén de cancelar as datas nas que realizaría o festival neste ano 2020 debido á situación relacionada co COVID-19, que levou ao Estado a un estado de alarma no que os eventos multitudinarios non tiñan lugar.

Ante a situación, e despois de moita espera, o Son do Camiño anunciou que o festival, que ía celebrarse entre os e __ de xuño e contaría con artistas como Bad Bunny, Daddy Yankee, Liam Gallagher ou os Chemical Brothers, non se poderá celebrar este ano. As novas datas escollidas pola organización do festival serán do 17 ao 19 de xuño de 2021, aínda sen saber se os artistas do cartaz repetirán nas novas datas. Con todo, a organización anunciou que están a traballar para “garantir que os principais atractivos estean presentes na edición de 2021″ e que, debido a ser Ano Xacobeo, este será celebrado “como se merece“.

O Son do Camiño pon aos asistentes como prioridade, e anuncia que as entradas compradas para esta edición serán válidas nas novas datas do evento. Ademáis, garante os dereitos dos asistentes e anuncian que, a partir do luns, 18 de maio, poderá solicitarse o reembolso das entradas, sendo este proceso comunicado aos compradores mediante a plataforma de venda na que compraron as entradas.

Déixanos contarcho!
Mantente ao día das nosas novidades uníndote agora á nosa lista de suscriptores.