O Super Bock Under Fest celebrará a súa segunda edición a finais de novembro

O Super Bock Under Fest celebrará a súa edición en Vigo os días 22 e 23 de novembro. Serán un total de vinte bandas que tocarán en dez salas as que se darán cita na cidade olívica. A artista canadense Peaches encabezará o cartel, ao que se unen nomes como Eli “Paperboy” Reed, Vancouver Sleep Clinic , Jordan Mackampa ou os portugueses Whales.

Tamén hai espazo para artistas galegos de do resto do Estado como Ortiga, Indy Tumbita & The Voodoo Bandits, os sevillanos Derby Motoreta’s Burrito Kachimba ou Side Chick.

Pódeche interesar...
“O que arde” fai historia, xa é o filme en galego máis visto