O Super Bock Under Fest desvela por completo o seu cartel

O Super Bock Under Fest celebrarase en Vigo os días 22 e 23 de novembro cunha programación variada e de calidade que xuntará a trinta bandas nacionais e internacionais repartidos en diferentes espazos dentro da cidade. Ademais, o domingo 24 tamén haberá concertos que servirán de clausura para o festival.

Artistas tan diferentes como o galego Ortiga ou os sevillanos Derby Motoreta’s Burrito Kachimba xúntase na cidade olívica con referentes fora do Estado español como Whales, The Paper Moon, Peaches, Eli “Paperboy” Reed, ou Villagers.

O cartel remátano de conformar Gruff Rhys, Helado Negro, Family Folks, Side Chick, Vacouver Sleep Clinic, Jordan Mackampa, IVY, The Lelly Kelly’s, Holygram, Pional, Everyone you know, The New Death Cult, Norsev, The Zephyr Bones, Juan Wauters, Aaron Rux, Bed Legs, Elza Neals & The Narcotics e o vigueses Indy Tumbita & The Voodo Bandits.

LUGAR DOS CONCERTOS

Os recintos onde se celebrarán os concertos serán a Casa de Arriba, a Fabríca de Chocola, La Iguana Club, Mondo Club, o MARCO, o Mogambo, o Reserva Rock, a biblioteca EMAO e o Teatro Salesianos. Así poderase ver concertos nalgunhas das salas máis míticas da cidade e noutros lugares fundamentais da cidade.

O abono xeral poderase adquirir na Sede Afundación de Vigo, por teléfono no 902 504 500 ou online a través de A Taquilla. Ao ser un evento realizado en múltiples lugares, o acceso a cada un será limitado ata completar aforo.

Pódeche interesar...
FKA twigs – MAGDALENE