O synth-punk de Serpiente chega esta fin de semana a Galicia

A finais do ano pasado, Serpiente publicaba o seu EP homónimo baixo a supervisión de Aingeru Malaxetxebarria e a masterización de Mike Mariconda. Sen máis preámbulos, lanzáronse a presentalo pola península, e toca o turno de Galicia.
Estarán este xoves 18 no Bar Embora de Santiago de Compostela dende as 22:00, e o venres 19 a partir das 21:30 na Fábrica de Chocolate de Vigo, acompañadas de Babykatze, grupo local.
Serpiente, no seu bandcamp presentado como S.E.R.P.I.E.N.T.E, son Ana, Beatriz e Elena, e o grupo foi formado en 2015 en Bilbao.

Pódeche interesar...
Disney+ chegará o vindeiro 31 de marzo