O Tempo Contigo: Makoto Shinkai pérdese na estela de Your Name

O director xaponés replica a fórmula que o fixo mundialmente recoñecido, pero cun guión moi mellorable

Tras a estrea de Your Name, Makoto Shinkai transformouse no director de animación máis prestixioso do mundo. A súa película conseguiu superar todos os rexistros de recadación en Xapón e foi un éxito en todo o mundo, superando a unha película tan histórica como A Viaxe de Chihiro. As claves para o éxito dese filme foron unha excelente animación, unha banda sonora para a lembranza e unha historia con gran protagonismo do amor e da perda.

As películas do director xaponés sempre tratan temáticas similares: historias de amor entre adolescentes atravesadas por elementos máxicos e onde trata con realismo e gran crueldade no seu desenlace a súa vida ou relación. Isto último deixouno aparte en Your Name, decisión que probablemente levouno a ter máis público. Pola mesma senda camiña no seu novo filme O Tempo Contigo.

INTENTAR REPLICAR O ÉXITO

Esta nova obra de Shinkai segue punto por punto a fórmula que fixo triunfar a Your Name, o cal non é bo nin malo sobre o papel máis aló da reiteración por si mesma. A reacción ante o primeiro plano é dun suspiro de sorpresa ante o ben que se ve e a animación do auga, elemento protagonista no filme é probablemente a mellor vista nunca no medio. Do mesmo xeito, a banda sonora colócase entre as mellores da historia do anime de cabeza, apoiando en cada punto os sentimentos que se amosan en pantalla.

O protagonista desta historia, Hodaka, é un adolescente que acaba de fugarse da súa casa tras unha discusión cos seus pais, que remata collendo acomodo nun Tokio onde non o ten nada fácil. Alí atopa a unha rapaza que ten o poder de conseguir que saia o sol nunha cidade onde sempre chove. No tratamento da cidade radica un dos grandes éxitos da película, xa que lonxe de mostrar as marabillas da mesma, opta por relatar as súas partes máis escuras.

No que todo parecía idílico ao final como é habitual no cine do director, hai un elemento de forza maior que remata separando á parella protagonista. O filme é tan referencial que incluso saen personaxes de Your Name ante a gran sorpresa do público (aínda que para ser xustos, non é a primeira vez que Shinkai utiliza este recurso). Parece por momentos que bebe tanto do seu anterior filme, que lle costa narrar unha historia que en principio non ten nada que ver.

UN GUIÓN POBRE

Porque o maior inconveniente de O Tempo Contigo é o seu guión. Non explora a personalidade dos personaxes nin os seus acontecementos, e incluso chega a incoherencias co pouco que se explica, algo que se sinte realmente torpe. Ademais, dun xeito incomprensible, de quen menos se fala é do seu protagonista, do que non se chegan a entender gran parte das súas motivacións. En comparación coa súa anterior obra, os seus secundarios tampouco teñen todo o valor que tiveron do seu pasado.

Sen dúbida, o que máis lle custa a Shinkai é rematar os seus filmes, e este caso non é unha excepción. Se en Your Name, sóbralle metraxe, aquí fai un uso do deus ex machina dun xeito case constante durante o último terzo do filme, que por outro lado é o máis moi potente e dinámico. Entretido e , pero sen sentido cando se intenta ir máis aló.

FALTA DE COHERENCIA

Por outra banda, antes sinalouse que Shinkai destaca por tratar as relacións persoais con respecto e coherencia, diferenciándose  sí de numerosas películas románticas que tenden a falar de sentimentos inventados ou totalmente falseados. Neste filme, en cambio, destrúe totalmente ese decreto durante gran parte da metraxe, chegando a un final totalmente incongruente e que se torna ata preguiceiro. Non se respecta aos personaxes. Os protagonistas non son máis que avatares en pos da espectacularización.

A pesar de todas as críticas que se lle pode facer, esta película é absolutamente desfrutable grazas as súas virtudes que nunha visualización non crítica poden incluso facer pasar por alto os seus grandes defectos. En ocasións, O Tempo Contigo pode parecer un xogo de feira, onde a estética se come a narrativa, pero ao igual que hai situacións artificiais, tamén as hai moi bonitas e sentimentais. É o filme onde menos realismo se vai ver en Shinkai, pero tamén é o máis espectacular. Aínda que cómpre lembrar cinema en absoluto sexa un circo e o guión é a estrutura do mesmo.

Director: Makoto Shinkai
Guión: Makoto Shinkai
Música: Radwimps
Ano: 2019
País: Xapón
3
Pódeche interesar...
Cineuropa está de volta con preto de 200 películas