O Tetris galego que reivindica os Dereitos Humanos

É un proxecto creado por integrantes da asociación Enxeñería Sen Fronteiras e profesora da UDC

Tetris dos Dereitos Humanos é un proxecto creado por integrantes da asociación Enxeñería Sen Fronteiras e profesorado da Facultade de Informática da Universidade de Coruña. Contaron coa cofinanciación de Cooperación Galega da Xunta de Galicia e a Axencia Española de Cooperación para levar a cabo o proxecto. Estes organismos apoiaron un traballo de fin de grao que levou a xénese da iniciativa.

A proposta é similar á do Tetris clásico mais muda as cores para diferenciar os diferentes servizos básicos relacionados cun dereito fundamental. Neste xogo desenvolvido mediante software libre existen pezas novas personalizadas que permiten aumentar en complexidade segundo as dificultades de acceso a ese determinado dereito.

A dificultade é variable e os diferentes niveis da mesma veñen determinados polo nome dun país do mundo. Establécese por parte dos responsables do xogo, por exemplo, que os dereitos humanos no Estado español respéctanse con máis facilidade que nun país da América Central.

Pódeche interesar...
Así soa ‘Juro Que’, o novo single de Rosalía