O WOS Festival suma outros oito nomes ao seu cartaz

O WOS Festival, un dos festivais máis interesantes do panorama galego, segue sumando nomes ao seu cartaz. Con atractivos como Laurel Halo, Skee Mask ou Spectrum, acábanse de anunciar outros oito nomes que completan este cartaz todavía non pechado. A quinta edición do WOS Festival celebrarase entre o mércores 12 e o domingo 16 de setembro en Santiago de Compostela.
Continuum’ é considerado un dos traballos máis emblemáticos do artista e experimentador sonoro Paul Jebanasam: unha obra impresionante e desbordante na que as composicións expresan forzas do universo e a vida, desde a complexidade dos acontecementos celestes ata o comportamento celular. Acompáñalle o artista visual Tarik Barri, un dos máis solicitados e celebrados do actual panorama electrónico.
Entre os oito novos nomes que se incorporan ao cartel sonoro atópanse tamén, encargados de prender lume á noite do sábado, The Bug feat. Miss Red, un combo apocalíptico e incendiario na órbita da escuadra Ninja Tune formado polo dj e produtor Kevin Martin e a MC israelí Sharon Stern. Martin, colaborador de Godflesh, Techno Animal, My Bloody Valentine, El-P, Death Grips, Grouper, Nine Inch Nails ou John Zorn, por citar uns cuantos, desata nos seus directos auténticos terremotos de dancehall, grime, hip-hop e dub-noise. Contará ao micrófono para a súa actuación no WOS Festival coa MC israelí Miss Red, considerada para moitos una das artistas revelación dos últimos anos.
Un dos pratos fortes da edición será o artista húngaro Gábor Lázár, autor desde o seu debut en 2013 de cinco LPs que lle valeron figurar repetidamente nas listas dos mellores discos e artistas revelación do ano de Rolling Stone ou Resident Advisor, e conquistar á emisora NTS, The Guardian ou The Quietus. As súas pistas son pinchadadas reiteradamente por xenios como Aphex Twin, e gañáronlle a consideración de “futuro da música electrónica”.
Pola súa banda, o recoñecemento e fama do inusual dúo xaponés Group A atópase nun ascenso imparable. As súas impactantes actuacións, de importante compoñente performativo, constitúen unha parte substancial da súa obra e, invariablemente, unha experiencia fóra do común. O dúo colleita ao seu paso admiración e respecto, compartindo escenarios con Merzbow, Nisennenmondai ou Melt Banana.
O festival contará tamén coa performance sonora 100 Keyboards, creada polo artista Asuna Arashi. A pesar de ser considerado un novo talento da arte sonora e a vangarda xaponesas, a traxectoria de Asuna remóntase aos 90. Pioneiro e figura clave na escena de ambient, drone e experimental de Tokio, Asuna publicou numerosas referencias discográficas en selos de todo o mundo. Nos últimos anos o seu traballo focalizouse no campo da performance e as instalacións, especialmente na fronteira que difumina a división entre arte e música.
Os longos anos de estudo e dedicación da chelista Lucy Railton, tamén fundadora e co-directora do London Contemporary Music Festival (LCMF), equipárona con técnicas e capacidades inmellorables para poñer a proba e explorar os límites da composición e a interpretación co seu instrumento. O seu traballo afúndese e reloce nunha bruma experimental, alternando entre o caos acústico e momentos de lucidez.
Pola súa banda, o proxecto da artista de desdendencia grega Christina Vantzou e o norteamericano John Also Bennett, CV & JAB, presentará o seu disco “Thoughts of a Dot as It Travels a Surface”, unha colección de vibracións, cordas abstractas e gravacións de campo baseada nun debuxo mural de 90 metros de longo realizado polo artista plástico Zin Taylor.
Para rematar, a novísima RRUCCULLA, que apenas pasando os 20 non para de deixar bocas abertas cunha electrónica e batería experimental que traen á mente a Tortoise, Battles, Four Tet ou Flying Lotus, con parada no jazz de vangarda, o dubstep ou o hip hop.

Pódeche interesar...
É perigosa a ideoloxía de Joker?