O XXIX Festival de Jazz de Lugo comeza este sábado

O evento terá lugar do 9 ao 16 de novembro e contará con Ron Carter ou Pere Navarro, entre moitos outros

Os afeccionados de Jazz poderán desfrutar, dende este sábado 9 de novembro ata o día 16 dun dos eventos máis queridos da capital lucense. Terán lugar multitude de actuacións grazas á organización da asociación de Amigos de Jazz, Escobijaz, que leva dende 1989 organizando o evento para dar vida á cidade.

O festival, nesta ocasión, ven cargado de grandes actuacións. Comezará o sábado 9 de novembro cun concerto de Andrea Motis Quintet no Círculo das Artes, sendo Wealman e Josh Dion “París Monster” os encargados de pechar o festival no Club Clavicémbalo. Con todo, algúns dos nomes máis grandes e esperados da edición son Dirty Dozen Brass Band (13 de novembro), Ron Carter (14 de novembro) e Pere Navarro xunto Abe Rábade (12 de novembro).

Durante toda unha semana, os fanáticos do jazz verán como a cidade de Lugo enche de sons as súas rúas e locais nun dos eventos máis esperados do ano musical.

Pódeche interesar...
Paredes de Coura 2019, día IV: Reivindicacións dentro e fóra da música