Ortiga presentará seu disco na Sala Malatesta

A revolución da verbena e do cumbiatune presentará seu primeiro disco ‘Chicho & sus chichas’ en Santiago de Compostela na Sala Malatesta o vindeiro xoves 5 de decembro a partires das 21:30 horas. As entradas para o concerto de Ortiga pódense mercar en Eventbrite.

A metade de Boyanka Kostova e dos xa desaparecidos Esteban & Manuel fará soar a súa música de verbena, cumbiatune, metalcore, autotune diabólico, salsa e música, son MIDI, a música que soa nos mercadillos e postos de gofres e amosará a súa capacidade innata por crear melodías que mesmo valen para menear o bullarengue como para facer pogo violento.

Pódeche interesar...
O FIV desvela as datas da súa edición de 2020