Kero Kero Bonito - Bonito Generation

Os 50 discos de 2019

Question Everything

BROCKHAMPTON

GINGER

Houbo quen, despois de Iridescence, decidiu desconectar de Brockhampton. Se ben daquel cuarto álbum tras a xira Saturation podería incluso falarse dun paso atrás, centrar as ideas en GINGER supón un novo acerto da mellor boy band dende One Direction. Temas para cantar unha e outra vez baixo algún dos mellores produtores do momento son a súa principal baza para colarse nesta lista.

Drag City Records

Purple Mountains

Purple Mountains

Tras abandonar a Silver Jaws, David Berman gardou unha década de estrito silencio antes de que saíse a luz Purple Mountains, homónimo da súa nova formación. O álbum supón unha brillante reflexión sobre o amor e o desamor, a perda de fe e a desconfianza. Pero os 10 anos de parón non desgastaron a Berman, quen amosou seguir sendo un artista complexo e enxeñoso, tanto na composición musical como no departamento lírico. Un mes despois de que Purple Mountains vise a luz, chegou a desoladora noticia da morte do seu creador. Berman asegurouse de deixar un marabilloso legado no mundo da música antes de desaparecer.

Ernie Records

Ortiga

Chicho & Sus Chichas

Chicho & Sus Chichas é un disco fantástico, onde aínda que a música da corrente popular é a que leva a voz cantante, os sons do álbum tentan ir máis alá e buscar espazos onde crecer e evolucionar, achegándose a outras musicas lonxe do verbeneo. Pop, trap e cumbia atopan neste álbum un espazo no que convivir.  

Flightless Records

King Gizzard and the Lizard Wizard

Infest the Rats’ Nest

O segundo disco do ano de King Gizzard & The Lizard Wizard abraza os sons do thrash metal para contar unha historia que comeza cunha catástrofe medioambiental que causa unha división todavía maior entre ricos e pobres e que remata cun puñado de tolos viaxando a Venus para tirarse á súa superficie ardente.

Domino

(Sandy) Alex G

House of Sugar

Con House of Sugar, Alexander Giannascoli retoma o seu clásico estilo apuntalado mediante o rasgueo de guitarra, a todas luces influído polo eterno Elliot Smith, mais leva a fórmula máis aló que nunca. O álbum preséntase como unha experiencia psicotrópica, que comeza confundindo ao espectador e vaise tornando paulatinamente máis escuro e desorientador. House of sugar é, sen lugar a dúbidas, o máis acertado e maduro traballo de (Sandy) Alex G.

BunHead

Kim Petras

Turn Off the Light

Poderiamos pensar que os albumes temáticos están pasados de moda, ou incluso que nunca o estiveron. Kim Petras lanzou en outubro Turn Off the Light, unha obra conceptual adicada ao Halloween e que non deixará de facernos bailar entre os seus escuros ritmos. Con transicións fantásticas canción a canción, non deixaremos de sorprendernos dende There Will Be Blood ata que cheguemos ao final deste electrizante álbum de pop.

Autoeditado

Clairo

Immunity

Entre 2017 e 2019 xurdiu unha ola de artistas novos emerxidos da nada, beneficiados polas novas políticas de auto-distribución de Spotify e o enigmático algoritmo de YouTube. Clairo é seguramente a que mellor soubo aproveitar a viralidade do seu single lo-fi Pretty Girl. O seu primeiro LP supón unha mestura de influencias extraordinariamente producida: do bedroom pop de Frankie Cosmos ao rock psicodélico de Tame Impala, pasando polo R&B e incluso deixes ao garage dos primeiros Strokes. A extraordinaria Bags permite vislumbrar a unha Clairo que só acaba de empezar a amosar todo o que pode dar ao pop contemporáneo.

Captured Tracks

DIIV

Deceiver

Unha das grandes sorpresas desta década foi a volta do shoegaze, un xénero que dende mediados dos anos 90’ levaba completamente desaparecido. Bandas clásicas como Slowdive ou My Bloody Valentine voltaron a subirse aos escenarios mentres que outros novos proxectos déronlle frescura. Entre eles destacan DIIV, que con Deceiver lograron pulir seu son mellor ca nunca, ofrecendo o que pode ser o disco máis interesante da banda, con permiso de Oshin.

Matador

Kim Gordon

No Home Record

2019 foi o ano no que Kim Gordon lanzou o seu primeiro disco en solitario. A baixista de Sonic Youth soa tan enérxica como sempre neste No Home Record que lanzou nada menos que aos seus 66 anos. O noise rock que sempre caracterizou a súa obra segue presente neste álbum pero desta vez acompañado dunha produción máis electrónica con certos aires industriais.

Aftermath Entertainment

Anderson .Paak

Ventura

Gravado ao mesmo tempo que o seu anterior álbum, Oxnard (2018), chegou neste 2019 Ventura, onde Anderson .Paak continúa a consolidar o seu funk coa axuda de grandes invitados como Jazmine Sullivan ou André 3000, e recuperando parte dese creativo son daquel Malibu que o levou a éxito.

Déixanos contarcho!
Mantente ao día das nosas novidades uníndote agora á nosa lista de suscriptores.