Os Arctic Monkeys estrean o minidocumental 'Warp Speed Chic'

Os Arctic Monkeys acaban de compartir ‘Warp Speed Chic’, un novo documental que captou a creación do seu novo disco ‘Tranquility Base Hotel & Casino’. A curtametraxe, dirixida por Ben Chappell, tamén inclúe material da xira coa que a banda está a presentar seu último traballo de estudo. Xunto co documental, os Arctic Monkeys anuncioaron un novo single de vinilo de 7 pulgadas que será lanzado o 30 de novembro a través de Domino. A cara B será unha canción inédita chamada ‘Anyways’.

Dende Balea nomeamos o novo disco dos Arctic Monkeys como un dos 10 álbumes máis esperados do ano. Podes ler a nosa crítica de ‘Tranquility Base Hotel & Casino’ neste enlace.

Pódeche interesar...
Terbutalina – Espabila Gallego