Os Directos Vibra Mahou inundarán Galicia de música durante o próximo mes

O ciclo despega esta semana, con nove concertos entre os que destacan nomes como as Cariño, Los Punsetes ou Ortiga

Trece grupos e artistas, nove concertos e sete lugares, así se presenta o Directos Vibra Mahou en Galicia. Comezando este venres, 27 de febreiro, con Novedades Carminha en Pontevedra e rematando o 18 de marzo en Compostela con Hinds e Cariño, o ciclo inundará de música o país durante o próximo mes.

As entradas de todos os concertos, á venda a un prezo de 14,5 euros -con algunhas das citas xa esgotadas-, están dispoñibles en Ticketmaster. Os eventos programados por Mahou en Galicia son os seguintes:

  • Novedades Carminha. 27 de febreiro, Sala Karma (Pontevedra)
  • Annie B Sweet. 28 de febreiro, Sala Pantalán (A Coruña)
  • Mikel Erentxun (en acústico). 29 de febreiro, Sala la Room (Ferrol)
  • Nacho Vegas. 5 de marzo, Sala Sinatra (Vigo)
  • Ortiga + dani. 6 de marzo, Sala Rouge (Vigo)
  • Joe Crepúsculo. 7 de marzo, Sala Bunker (A Coruña)
  • Los Punsetes + Mujeres. 12 de marzo, Sala Island (Vigo)
  • Ilegales. 13 de marzo, Sala Tebras (Lugo)
  • Heredeiros da Crus. 14 de marzo, A Pousada (Boiro)
  • Hinds + Cariño. 18 de marzo, Sala Malatesta (Compostela)

Déixanos contarcho!
Mantente ao día das nosas novidades uníndote agora á nosa lista de suscriptores.