Os estadounidenses Yo La Tengo actuarán este venres en Compostela

O xa case histórico trío estadounidense de rock alternativo Yo La Tengo pasará por Santiago de Compostela este venres 8 de febreiro na Sala Capitol. Formados en 1984, xa contan cunha discografía de ata 15 álbumes de estudo. Seu traballo mais recente, There’s a Riot Going On (Matador Records), foi publicado o ano pasado. Tratouse dun disco moi tranquilo, pausado e ameno a pesares de que seu título traia consigo unhas connotacións moi diferentes. É un álbum que xoga coas texturas, os ambientes e as sensacións. Sen lugar a dúbidas unha proposta que resultará especialmente sorprendente no contexto do directo.

Podes ler a nosa reseña completa a There’s a Riot Going On facendo click neste enlace.

Déixanos contarcho!
Mantente ao día das nosas novidades uníndote agora á nosa lista de suscriptores.