Os Goya permitirán competir por primeira vez a películas estreadas online

Esta medida será excepcional na edición de 2021

O Premios Goya, os galardóns máis importantes do audiovisual español, decidiu permitir que na súa edición de 2021 poderán competir filmes estreados online. Deste xeito buscan acadar unha competición en igualdade de condicións xa que hai películas que están a levar a súa estrea prevista en salas de cine cara ás plataformas de streaming pola situación de crise sanitaria.

Segundo a organización, esta medida é excepcional. Polo tanto, enténdese que non será norma habitual nas edicións máis aló da de 2021. Esta decisión úneseá tomada hai unhas semanas polos Oscar no mesmo sentido que esta.

Pódeche interesar...
Levar o campo da festa a Instagram