Os Vacalouras e Quim Barreiros reivindican que ‘O Samil é Portugal’. Escóitao!

Os Vacalouras xúntanse co histórico artista portugués Quim Barreiros en O Samil é Portugal, un tema cheo de alegría e bo humor que fai referencia a cantidade de turista de nacionalidade portuguesa que poboan todos os verán a principal praia de Vigo. O videoclip está dirixido por Alberto Lora, un director con moita experiencia no videoclip galego.

Samil é Portugal é o primeiro single que serve adianto do que será o novo traballo que presentarán Os Vacalouras este 2021, ademais de reivindicar a unión entre Galicia e Portugal. Cóntase coa colaboración de Nacho Álvarez ao acordeón e Juan Álvarez ás percusións portuguesas.

Déixanos contarcho!
Mantente ao día das nosas novidades uníndote agora á nosa lista de suscriptores.