Parkway Drive, Trivium, Kvelertak e While She Sleeps, exclusividades do Resurrection Fest para 2019

Comezando a preparación para saír á venda de entradas para a súa edición de 2019, o Resurrection Fest anuncia como primeiros nomes para o seu cartaz a Parkway Drive, Trivium, Testament, Kvelertak e While She Sleeps, sendo todos salvo Testament exclusividades do festival no Estado Español en dito ano. Ademais, o concerto de Parkway Drive trátase dunha exclusividade non só no Estado Español, senón tamén en Portugal.

Con isto, o Resurrection Fest pon inicio ao camiño cara a súa décimo cuarta edición. Celebrarase entre o 3 e o 6 de xullo do próximo ano. As entradas estarán á venda a partires do vindeiro luns 17 de setembro, dende as 11:00.

Déixanos contarcho!
Mantente ao día das nosas novidades uníndote agora á nosa lista de suscriptores.