Poesía, música e teatro na IV Festa da Palabra de Foz

A asociación cultural A Pomba do Arco organiza unha nova edición da Festa da Palabra que se celebra na sala de exposicións Cenima, de Foz, entre o 7 e 9 de novembro.

O Cenima acolleu este mércores ás 20:30, o mesmo lugar e a mesma hora que todo o ciclo, a xornada inaugural cun espectáculo poético musical a cargo do poeta Lois Pérez, onde deu a coñecer os traballos recollidos no seu libro Long Play.

A Festa da Palabra ten continuidade o xoves cunha lectura teatralizada do poemario de Manuel María Os soños da Gaiola, coincidindo co cincuenta aniversario da súa publicación, a cargo do grupo Touporroutou Teatro.

O último día, venres, serán protagonistas dúas poetas centrais nas súas respectivas promocións. Olga Novo, autora de libros como A cousa vermella ou Cráter, fixo parte da Xeración dos 90. Ismael Ramos é, con Lumes, un dos poetas de referencia da última poesía galega.

Déixanos contarcho!
Mantente ao día das nosas novidades uníndote agora á nosa lista de suscriptores.