Preoccupations, Triángulo de Amor Bizarro, Jack White… Estas son as nosas seleccións desta semana

Volve ser venres, a data por excelencia para saber das novidades musicais máis destacadas do ano, que semanalmente ven a luz antes de comezar a fin de semana. Hoxe lanzan álbum, entre outras, BambiKina (Cunh marabillosa portada para o álbum de Ricardo Cavolo), Est Oest, un pequeno split entre Los Ganglios e Las Ruinas ou, a nivel internacional, podemos atopar traballos novos de Sunflower Bean, Yamantaka // Sonic Titan, Seth Graham ou Sidi Touré. Os nosos destacados, como de costume, desta semana, son os seguintes:

  • Preoccupations: Tras partila co nome de Viet Cong, e sacar tamén en 2016 un novo homónimo co seu novo nome, os de Canadá volven hoxe con un novo longo, que recibe o nome de New Material. Gústavos o post-punk de cancións longas con guitarras sufrindo? É o voso sitio indicado.
  • Triángulo de Amor Bizarro: Dende Boiro e para o mundo, os de Isa Cea son un dos grupos máis destacados do noso país. O seu Salve Discordia (2016) rompeu todos os esquemas e foi un dos mellores discos daquel ano, e hoxe volven ás andadas con este EP onde toca dalo todo en catro cancións. O seu adianto, O Gatopardo, que tamén é o nome deste traballo, xa daba sinais de por onde ían ir os tiros.
  • Jack White: Entre todas as voces do blues rock, a que ten máis personalidade é e será a de Jack White. Si, obviamente algúns dos seus traballos distan do que anteriormente foi, mais poucos tentan evolucionar un estilo tan antigo e que moitos sinalarían como caduco como no caso do ex-guitarrista dos White Stripes. Catro anos despois do seu segundo traballo en solitario, Lazaretto, hoxe volve con Boarding House Reach.
Pódeche interesar...
Ilegales presentarán “Rebelión” este sábado na Sala Capitol