Publican en aberto o documental ‘Vieiros de Esperanza: Ricardo Carvalho Calero’

Con motivo do Día das Letras Galegas, xa pode verse en YouTube o documental sobre a vida do homenaxeado deste ano

Aínda que os actos presenciais do Día das Letras Galegas se adíen a outono, o 17 de maio segue a ser unha gran celebración para a nosa literatura. Con este motivo, desde hoxe está dispoñible en aberto Vieiros de Esperanza: Ricardo Carvalho Calero. O documental, realizado en 2014 por Canido Antón Rodríguez, percorre a traxectoria vital e profesional do escritor homenaxeado este ano.

Na mediametraxe trázase a vida de Carvalho Calero desde o seu nacemento en Ferrol en 1910 ata a súa xubilación en Compostela nos anos 80. E faino a través dos testemuños de varios amigos, escritores e críticos que tiveron a sorte de coñecelo. Entre eles, Víctor Freixanes, Xesús Alonso Montero, Darío Villanueva, Xosé María Dobarro Paz, Pilar García Negro, Araceli Herrero, Siro López ou Francisco Rodríguez.

Pódeche interesar...
‘Hunter x Hunter’: A revolución dende a involución