Que se sabe da nova serie do creador de ‘The Wire’?

Estrearase o 17 de marzo en HBO España

A Conxura Contra América, a nova serie de David Simon xa ten data de estrea. Non haberá que agardar demasiado. O 17 de marzo poderá verse en HBO España. Baseada na aclamada novela homónima de Philip Roth, esta serie limitada de seis episodios imaxina unha historia alternativa situada nos Estados Unidos.

O espectador coñecerá este universo novo a través dos ollos dunha familia xudea de clase traballadora en Nova Jersey. Eles observarán o ascenso político dun heroe de guerra xenófobo, o populista Charles Lindbergh, que se converte en presidente e penetra na nación no fascismo.

O reparto inclúe a actores ben coñecidos para a series da compañía estadounidense, tales como Morgan Spector (Boardwalk Empire), John Turturro (The night of) e outros que xa traballaron en outras series de Simon como Winona Ryder (Show me a Hero) ou Zoe Kazan (The Deuce).


QUEN É DAVID SIMON?

David Simon, o creador desta serie, é un dos showrunners máis prolíficos do século XXI. Con The Wire creou unha serie que cambiou a forma de facer series e foi buque insignia do modelo de produción de series anterior ao streaming.

Este autor dota o contexto de vida e o trata dun xeito exhaustivo en todos os seus traballos, xa sexa a cidade de Baltimore en The Wire, Atlanta en Tréme, ou o Nova York dos anos setenta coa recente The Deuce. En marzo veremos como lle sentan as realidades alternativas.

Pódeche interesar...
Estas son as medidas aprobadas polo Goberno en apoio ao sector cultural